New Book ReleaseInfoling 7.36 (2017)

Author: Fernández Salgado, Xosé A.
Title: Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas
Subtitle: Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII
Year of Publication: 2017
Place of Publication: Santiago de Compostela
Publisher: Laiovento
Description:

Neste libro dáse a coñecer un manuscrito inédito, escrito en galego arredor de 1770, que contén cincuenta décimas dirixidas contra don Diego Zernadas, máis coñecido como "o Cura de Fruíme". Trátase dunha longa carta en verso, sen datar e sen emisor coñecido, en que se censura o Cura polos Petitorios que este anualmente publicaba co obxecto de recadar bens, sobre todo cera, para o culto da Virxe das Dores. A escaseza de textos en galego no período chamado dos "Séculos Escuros" así como a extensión da composición, o rexistro lingüístico empregado e a súa calidade poética converten estas cincuenta décimas nun texto transcendental neste período da lingua e obrigan a matizar afi rmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. O libro recolle dúas edicións das décimas (unha paleográfica e outra anotada e actualizada graficamente), as claves para comprender o seu contido, conxecturas sobre a súa datación e autoría e unha completa análise dos trazos gráficos, morfosintácticos e léxicos do manuscrito.

--------

En este libro se da a conocer un manuscrito inédito, escrito en gallego sobre 1770, que contiene cincuenta décimas dirigidas contra don Diego Zernadas, más conocido como el "Cura de Fruíme". Se trata de una larga carta en verso, sin fechar y sin emisor conocido, en la que se censura al Cura por los Petitorios que anualmente publicaba para conseguir bienes, sobre todo cera, para el culto de la Virgen de los Dolores. La escasez de textos en gallego en el período llamado de los "Séculos Escuros" así como la extensión de la composición, el registro lingüístico empleado y su calidad poética convierten estas cincuenta décimas en un texto transcendental en este período de la lengua y obligan a matizar afirmaciones sobre el anecdótico uso del gallego escrito en este tiempo. El libro recoge dos ediciones de las décimas (una paleográfica y otra anotada y actualizada gráficamente), las claves para comprender su contenido, conjeturas sobre su datación y autoría y un completo análisis de los rasgos gráficos, morfosintácticos y léxicos del manuscrito.

Mas información: http://www.laiovento.com/CATALOGO/869/CINCUENTA-DE...

Subject Area(s): History of linguistics, Other subject areas

Table of Contents

1. Introdución

2. O texto manuscrito das Cincuenta décimas
2.1. Características do manuscrito
2.2. Edición paleográfica

3. Claves para entender as Décimas contra Zernadas
3.1. A acción pastoral de Zernadas: os Petitorios
3.2. A musa poética
3.3. A súa formación académica
3.4. Trazos físicos e de carácter e outros aspectos da súa vida

4. Verbo da autoría das Cincuenta décimas

5. A datación do texto

6. A lingua das Cincuenta décimas
6.1. Trazos gráficos e fónicos
6.2. Características morfosintácticas
6.3. Léxico e fraseoloxía

7. Edición anotada e actualizada das Cincuenta décimas

Referencias bibliográficas citadas


Series or Collection: Ensaio
Format: Libro
Pages: 204
ISBN: 8484873648
Price: 18,60 EUR

Submitted By: Xosé A. Fernández Salgado
Institution or Company: Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Universidade de Vigo (España)
Email Address: <xsalgadoantispamuvigo.es>
Submission Date: July 15, 2017


With support from:
Editorial Arco Libros

© Infoling 1996-2017. All rights reserved.
ISSN: 1576-3404
Logo image by Hay Kranen / CC-BY